Eurorede do deporte

Zona privada

Insira un nome e un contrasinal:

Obxectivos da Eurorede

  • 1. Identificar as rexións e compilar información sobre a cooperación transfronteiriza en materia de deporte.
  • 2. Analizar e estudar os problemas, obstáculos e demais limitacións que se presentan á hora de que os cidadáns que viven nas rexións transfronteirizas poidan acceder a todo tipo de práctica deportiva.
  • 3. Achegar solucións a estas problemáticas.
  • 4. Promover actividades de todo tipo entre as rexións transfronteirizas da Unión Europea.
  • 5. Impulsar a inclusión das actividades da Eurorede do Deporte nos programas propios das distintas eurorrexións.
  • 6. Elevar ás instancias gobernamentais da Unión Europea e dos Estados membros recomendacións para unha intervención máis decidida dos mesmos en materia de cooperación transfronteiriza no deporte.
  • 7. Difundir «O manifesto por un Deporte sen Fronteiras».